09 Aug
|
Confederación de Empresarios de La Coruña
|
Itanagar
09 Aug
Confederación de Empresarios de La Coruña
Itanagar
Que mellor xeito de arrancar o 2025 que cun proxecto centrado na sostenibilidade e na economía circular.
Desde a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), coa financiación do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), comprácenos presentar a iniciativa: Espazos de Encontro sobre Sustentabilidade e circularidade no sector alimentario , dirixido a todas as entidades da CEC relacionadas coa cadea de valor do sector da alimentación.
Este Programa Ten Como Obxectivo Abordar De Maneira Transversal a Sustentabilidade e a Economía Circular No Sector a Través Dunha Serie De Actividades Que Inclúen
- Catro obradoiros formativos: orientados a temas clave como contabilidade ambiental, modelos de negocio circulares, sistemas de responsabilidade ampliada do produtor e a xestión do desperdicio alimentario.
- Catro visitas: a entidades de referencia que promoven a sustentabilidade.
- Un evento final: para intercambiar ideas, experiencias e aprendizaxes.
O Programa Inicial é o Seguinte
- Febreiro:
- 26/02/2025: Obradoiro de modelos de negocios circulares (4 horas)
- 28/02/2025: Visita a entidade que promove a sustentabilidade
- Marzo
- 26/03/2025: Obradoiro de sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor (4 horas)
- 28/03/2025: Visita a entidade que promove a sustentabilidade
- Abril
- 23/04/2025: Obradoiro de desperdicio alimentario (4 horas)
- 25/04/2025: Visita a entidade que promove a sustentabilidade
- Maio
- 21/05/2025: Obradoiro de contabilidade ambiental (4 horas)
- 23/05/2025: Visita a entidade que promove a sustentabilidade
- Xuño
- 11/06/2025: Evento final
A inscrición é gratuíta e está aberta a 10 empresas , que deberán participar en todas as actividades propostas. Permítese que diferentes persoas da mesma empresa asistan ás actividades segundo a súa dispoñibilidade. A sostenibilidade e o crecemento económico poden reforzarse mutuamente.
Anímaste?
Contacta Connosco
[email protected] | 981133702
📌 Espazos de encontro | Circularidade e sostenibilidade no sector alimentario (Itanagar)
🏢 Confederación de Empresarios de La Coruña
📍 Itanagar